Os actos do Día da Muller plasmarán 
as conquistas feministas na historia

77

O Consello da Muller reunido onte pola tarde na Casa da Luz acordou unha programación de actos para celebrar o Día da Muller o vindeiro 8 de marzo. Segundo explicou a concelleira de Igualdade, Carmen Fouces, o Consello acordou traballar as conquistas feministas para explicar que as loitas polos dereitos conquistas serven, que os dereitos non son un agasallo e debemos defendelos porque están en perigo.

Seguindo estas premisas, o Consello traballará en varias liñas de traballo:

    • Escolar
    • Cidadanía
    • Reflexión

Na primeira liña de actuación, o Consello da Muller solicitou a colaboración de todo o alumnado dos colexios de Primaria e Secundaria, para traballar no proxecto “Crea 8M” que consiste en recoller información, fotografías ou a creación de textos (microrrelatos, twitters…) sobre as conquistas feministas. O resultado de todo este traballo plasmarase nunha exposición de rúa e tamén nunha páxina de facebook que recollerá toda a documentación do proxecto.

As outras liñas de traballo desenvolveranse durante a semana do 8 de marzo, e concretaranse nunha sesión do Cineclub que será o propio martes 8, así como a presentación de libros, conferencias, debates, e outros actos culturais.