Os once IES e CIFP públicos de Pontevedra participarán en Ben Veñas Maio-2016, o programa de promoción da lingua que organiza a Concellería de Normalización Lingüística en colaboración coa Coordinadora de Normalización e Dinamización da Lingua Galega dos institutos de Pontevedra. Nesta ocasión a coordinación de Ben Veñas Maio, que é rotatoria, correspóndelle a Manuel Lourenzo Sobral, do IES Luís Seoane:
Participantes:
– IES Luís Seoane (Manuel Lourenzo) mlorenzosobral@edu.xunta.es – IES Sánchez Cantón IES Valle Inclán – IES Frei Martín Sarmiento – IES A Xunqueira 1 – IES A Xunqueira 2 – IES G. Torrente Ballester – IES de Montecelo – CIFP A Xunqueira – CIFP Carlos Oroza e – Centro Galego de Tecnificación Deportiva
A dotación total dos premios son 3.075 €, distribuídos nos seguintes certames: – XV Certame de Fotografía – XXIII Certame de Banda Deseñada – XXIII Certame de Narración Curta – XV Certame de Poesía e – XVII Certame musical
Ademais, dentro do Ben Veñas, Maio, celebrarase a XX Semana Teatral Ben Veñas, Maio, os días 4, 5 e 6 de maio no Teatro Principal. Abrangue a mostra do traballo realizado ao longo do curso polos grupos teatrais dos diferentes institutos. Este certame desenvolverase durante e segundo un programa que se anunciará previamente.
Calendario:
– Ata 15 de abril: entrega de traballos de fotografía, BD, narración curta e poesía – Inscrición dos grupos de música.
– 4, 5 e 6 de maio: Semana do Teatro, no Teatro Principal
– 7 de maio: certame musical e entrega dos premios Ben Veñas, Maio; no Pazo da Cultura.