Música, baile e tradicións na Escola de Danza en Bruto, diversión asegurada

114

Música, percusión, danza e tradicións camiñan da man na Escola de Danza en Bruto que mañá, 12 de febreiro, comeza a súa actividade no Centro Leste. As “clases” desenvolveranse todos os venres até o mes de xuño, en horario de 16.30 a 21.00 horas, por grupos de idade.

Marcelo González Martínez e Arantza Alfaia Caride están ao fronte dunha iniciativa que ten como obxectivo achegar as nosas tradicións aos nenos e nenas dende unha perspectiva divertida. Os maiores (de 10 a 14 anos) irán un paso máis alá e farán as súas propias creacións, partindo das ensinanzas da Escola.

Na súa terceira edición estará adicada a agricultura (labouras, muiñeiras, cantos de sachada, a colleita…) , aínda que a súa primeira sesión, a de mañá, centrarase nos entroidos tradicionais.

A Escola de Danza en Bruto artellarease por idades: . Aula Poliños. De 5 a 7 anos. 16.30 a 18.00 horas
. Aula Pitiños. De 7 a 10 anos. 18.00- 19.30 horas
. Aula Granxa. De 10 a 14 años. 19.30- 21.00 horas

A inscrición estará aberta até mañá no Centro Leste