O IMD inicia o proceso para renovar os tres vocais representantes dos clubs

81

A Xunta Reitora do Instituto Municipal de Deportes (IMD) reuniuse esta mañá no Concello e acordou iniciar o proceso de escolla dos tres vocais representantes dos clubs da cidade que forman parte da Xunta Reitora do IMD.

A presidenta do IMD, Anxos Riveiro explicou, logo da reunión, que se convocará unha nova reunión a vindeira semana para iniciar este proceso co estudo das normas e o calendario que rexerá na renovación destes tres vocais.