O temporal apraza todos os actos de Entroio á proxima fin de semana

117

Todo un agasallo. Ravachol ten por diante unha semana maís de vida. A previsión de intensas choivas e fortes ventos para esta fin de semana apraza todos actos do Entroido pontevedrés até a próxima, até os días 19, 20 e 21 de febreiro. O aprazamento obriga a re programar tamén as citas do Entroido de Monte Porreiro onde o desfile polas rúas do barrio que tiñan previsto para o sábado 20 pasan o día 21 para non coincidir co desfile-concurso de disfraces do centro da cidade.

“E unha decisión lóxica e razoable ante a alerta de temporal que hai” subliñou a concelleira de Festas, Carme da Silva, que anunciou a re programación festiva despois de reunirse cos grupos e comparsas que participan dun xeito activo no Entroido pontevedrés e con representantes da hostalería local. “E primeira vez que se apraza dúas veces o desfile” recoñece a concelleira que botou man da retranca ao informar dos cambios. “Veño a anunciar o Entroido de verán”.

Venres, 19 de febreiro.

23.00 horas. Prazas e rúas da cidade. XXI Mostra da Parodia

02.00 horas (sábado). Praza da Ferrería. Entrega dos premios da XXI Mostra da Parodia

Sábado, 20 de febreiro

11.00 horas. Pasarrúas polo centro histórico da comparsa Os Canecos.

16.00 horas. Rúa Eduardo Pondal. Concentración dos participantes no desfile para realizar a inscrición e recollida do número de participación.

17.00 horas. Desfile do Entroido. Saída dende a rúa Eduardo Pondal co seguinte percorrido: Eduardo Pondal, Uxío Novoneira, Cobián Areal, Benito Corbal, Peregrina, Michelena, praza de España, rúa Alameda.

20.00 horas. Praza da Ferrería. Entrega dos premios do concurso de disfraces.

Domingo, 21 de febreiro

12.00  Monte Porreiro. Festa da zorza

12.00 horas. Recreación da botica de do Perfecto Feijóo.

16.30 horas. Rúas do barrio. Desfile de Entroido de Monte Porreiro.

18.00 horas. Praza da Verdura. Comezo do velatorio de Revachol. Prégase loito rigoroso

20. 00 horas. Saída do cortexo fúnebre da praza da Verdura que percorrerá: San Román, A Ferrería, paseo Antonio Odriozola, Soportais, Manuel Quiroga, Princesa, Sabela II, rúa Real, Sarmiento, Pasantería e praza da Ferrería. Icineración do finado Ravachol, con espectáculo necrolóxico. No séquito estarán as comparsas Val do Lérez, Amoriños de Bora, os Paparrulos, Os Solfamidas, Las Flores del Carnaval, Vamos a Todo e Os da Caña.