Pontevedra e Taiwán, unidos pola Cultura

77

O Concello de Pontevedra manterá unha colaboración coa Oficina de Económica e Cultural de Taipei cuxos representantes visitaron esta mañá o consistorio para fixar lazos de unión con Pontevedra co obxectivo de dar a coñecer a cultura de Taiwan. O alcalde e a concelleira de Cultura, Anxos Riveiro participaron nesta reunión na que tamén estiveron presentes representantes da Universidade de Vigo, que foron os enlaces para que esta delegación da Oficina Cultural de Taipei visitase Pontevedra.

Os representantes de Taipei visitaron esta mañá as instalacións do Museo de Pontevedra e do Pazo da Cultura para sopesar a instalación da exposición “Simboloxía bordada” sobre a costura tradicional de Taiwán (traxes de emperadores, menaxe, vestimenta de nenos, xoias…).

Tamén ofreceron a posibilidade de crear unha exposición de fotógrafos do país, que na actualidade está en París, así como a posibilidade de celebrar concertos de jazz con grupos taiwaneses que combinan o jazz con instrumentos musicais tradicionais.

O alcalde explicoulles que Pontevedra está interesada en este tipo de intercambios porque “a cultura, en moitos casos, é a primeira peza coa que empezan a relacionarse os países, as persoas”.