Comeza a licitación da cuberta do Pavillón Municipal dos Deportes

76

A Xunta de Goberno aprobou esta mañá o inicio proceso de licitación da substitución da cuberta do Pavillón Municipal de Deportes para resolver os problemas de goteiras dentro do pavillón e recuperar a antiga cuberta proxectada por Alejandro de la Sota no ano 1964.  Este proxecto ten un orzamento de 690.792,47 euros.

Segundo recolle o proxecto: “a solución adoptada consiste, basicamente, na eliminación dos faldóns en forma de dente de serra e estrutura metálica suplementaria que se executara na reforma da década dos anos 80. Posteriormente, sobre a estrutura metálica realizada orixinalmente, colocaríase a estrutura secundaria de apoio e a nova cuberta formada por unha cuberta sándwich realizada in situ cunha placa interior de 12.90 de policarbonato celular (con tratamento soflite), illamento intermedio de la de rocha translúcida e placa exterior de 16.90 de policarbonato celular. Ademais da cuberta, procederíase ao cambio dos canalóns perimetrais e reparación de pezas especias nas baixantes de evacuación de augas pluviais. Co obxecto de facilitar a limpeza e mantemento futuro, pensouse na instalación dunha liña de vida permanente e a colocación dunha escada metálica que permita en calquera momento o acceso a cuberta dun xeito seguro”.

O portavoz do Goberno, Raimundo González, no proxecto van adxuntas melloras como o pintado das cerchas valoradas nuns 65.000 euros, e a renovación da iluminación da pista por uns 50.000 euros. O prazo de execución é de 2 meses, pero antes da súa instalación será preciso fabricar a cuberta.

Raimundo González explicou que o obxectivo é facer a substitución da cuberta na tempada do verán, para que non afecten ás competicións deportivas que se celebran no pavillón.

Proxecto Cuberta do Pavillón Municipal