Luís Davila e Migallas Teatro, premios Xoán Manuel Pintos 2016

215

Coa unanimidade do xurado. O humorista gráfico Luís Davila e Migallas Teatro recibirán o próximo 26 de febreiro, no Pazo de Mugartegui, o Premio Xoán Manuel Pintos 2016 en recoñecemento o seu labor de impulso da lingua galega.

O xurado outorgoulle a Luís Davila o premio ao labor desenvolto desde a última edición “pola súa enorme capacidade de comunicación do seu traballo que consegue achegaer diariamente a lingua galega de maneira normalizada a todos os ámbitos sociais e ao público de todas as idades”. Pola súa banda o premio a Migallas Teatro recoñece o seu traballo de xeito continuado ao longo de toda a traxectoria, máis de vinte anos de traballo “para facer normal o uso da lingua galega en todo tipo de artes escénicas dirixidas ao público infantil e familiar, onde reside o futuro da lingua”.

Acta Xoán M. Pintos