Ordénase retirar os entullos e apuntalar o Pazo Mariño de Lobeira

81

Os propietarios do Pazo Mariño de Lobeira terán que proceder a “retirada inminente” de todos os entullos que están a sobrecargar a estrutura do inmoble, así como á desmontaxe de todos os elementos non estruturales nin singulares da edificación e os apuntalamentos necesarios para o aseguramento do inmoble. O Servizo de Disciplina Urbanística do Concello de Pontevedra comunicoulle aos propietarios a orde despois de que o arquitecto xefe da Oficina Técnica de Licenzas e Inspección fixera un informe sobre o estado deste edificio singular da rúa César Boente.

O informe emitiuse só 24 horas despos de que a propiedade alertara do “grave risco de colapso” da edificación, adxuntado un informe técnico, e solicitara permiso para o desentullo de elementos xa derrubados” e apuntanento de certos elementos estructurais.

A orde municipal subliña que a desmontaxe dos elementos estruturais e singulares que se atopen en mal estado deberá de se someter á autorización da Comisión Territorial do Patrimonio Histórico de Pontevedra, previa documentación dos mesmos xa que se trata dun edificio catalogado e suxeto a protecciòn do Peprica.

O informe técnico municipal recolle:
1.- Parte da estrutura de madeira colapsou arrastrando parte da cuberta ao interior da edificación.
2.- Outra parte da estrutura de madeira presenta esgotamento da súa capacidade portante ofrecendo perigo de colapso.
3.- Coa finalidade de evitar o colapso xeneralizado infórmase favorablemente a retirada dos entullos que están a sobrecargar a estrutura existente, a desmontaxe dos elementos non estruturais nin singulares da edificación así como ao apuntalamento para asegurar o inmoble, debendo dar traslado de dita autorización á Consellería de Cultura.

4.- A desmontaxe dos elementos estruturais e singulares de edificación en mal estado deberá someterse á autorización da Comisión Territorial do Patrimonio Histórico de Pontevedra previa labor de documentación dos mesmos.
5.- Adoptaranse as medidas necesarias que garantan o mantemento das características e dos elementos singulares do edificio, non pudendo incluír máis derrubas das necesarias, coa obriga da propiedade de reposición do ben ao seu estado primitivo.

Decreto sobre o inmoble