A Escola de Escritores do AELG organiza un obradoiro de poesía

53

A educación literaria debe animar non só a ler textos literarios e reflexionar sobre eles, senón tamén a escribilos, un obxectivo ao que podemos chegar mediante o xogo e a descuberta da nosa creatividade. Seguros desta realidade, a Asociación de Escirtoras/es en Lingua Galega (AELG) organiza, en colaboración coa Concellería de Cultura, un obradoiro de creación literaria: O poema é un animal escondido.

O obradoiro estará a cargo do profesor de lingua e literatura galega e poeta Carlos Negro e contará cunha sesión de malabarismo creativo a cargo do poeta e artista plástico Baldo Ramos. Terá doce sesións que comezarán o 27 de febreiro e desenvolveranse sempre en sábados, en horario de 11.00 a 13.00 horas.

Queda aberto o prazo de inscrición, que é gratuíta, en inscricions@pontevedra.eu Ofértanse 25 prazas e o único requisito é ter máis de 16 anos.

Carlos Negro foi premio da AELG á mellor obra de literatura infanto-xuvenil 2014 po “Penúltimas tendencias” e ten premios como o premio de poesía Victoriano Taibo (2008) por “Cultivos transxénicos” ou o VII Premio Johan Carballeira ex aequo con Alexandre Nerium por “Hélenis”.

Non é a primeira vez que a AELG e a Concellería de Cultura colaboran na organización dun obradoiro de creación literario, o pasado ano fixéronse dous que estiveron a cargo da escritora Ledicia Costas, última Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil e o novelista e poeta Marcos Calveiro.

Cartel_ObradoiroAELG-CarlosNegro-ConcelloPontevedra