O Concello convoca O II Maratón fotográfico “Imaxes de Inverno”

312

Por en valor os espazos da cidade e ofrecerlle aos amantes da fotografía unha oportunidade para desenvolver a súa afección. O Concello de Pontevedra convoca o II Maratón fotográfico “Imaxes de Inverno” para o sábado, 12 de marzo.

Ábrese o prazo de inscrición, que se fará por correo electrónico na dirección electrónica maratonfotograficopo@gmail.com Poden participar todos os maiores de 16 anos, aínda que os menores de idade deberán adxuntar unha autorización dos pais ou titores. Ofértanse 50 prazas, 20 máis que na primeira edición celebrada o pasado ano.

A Casa da Luz será o punto de partida do maratón e será alí onde se desvelará a temática que terán que seguir os concursantes. Estableceranse tres categorías para que os participantes presenten as súas imaxes que deberán tomarse no día do concurso e terán que ser orixinais.

Haberá cinco premios: un xeral, un por cada unha das tres categorías e un do público. Este último poderá votar nos días que dura a exposición que amosará os traballos feitos durante a maratón e que estará aberta na Casa da Luz dende o día 15 ao 30 de abril.

O maratón ten tamén unha compoñente de dinamización da cidade polo que os premios serán vales que se poderán trocar en establecementos da cidade.

Bases II MARATÓN FOTOsS