Máis de 300 escolares participarán até xuño na terceira edición de Pontenciencia

83

Espertar o interese polo mundo da ciencia e a investigación en Primaria é o obxectivo central de Pontenciencia, un programa promovido pola Concellería de Educación xunto coa Vicerreitoría do campus que levará a máis de 300 escolares a desenvolver os seus propios experimentos científicos, que os días 3 e 4 de xuño presentarán na Escola de Enxeñaría Forestal. Esta experiencia chega este ano á súa terceira edición e está financiado pola Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (FECYT), dependente do Ministerio de Economía y Competitividad.

Pontenciencia arranca con obradoiros de formación no método científico aos escolares de 5º e 6 º Educación Primaria, e ás familias que queiran participar cos seus fillos/as  de educación primaria (7-12 anos). Poderán aprender unha metodoloxía de investigación aplicable a calquera ámbito social, económico ou ambiental.

Paralelamente, constitúense comités científicos, formados por mestres/as e investigadores das Facultades do Campus de Pontevedra da Universidade de Vigo, que aportan propostas de investigación a disposición dos participantes.

A continuación, cada participante realizará o seu proxecto de investigación, co apoio e a supervisión necesarias. Poderase participar na categoría Ciencia no cole ou ben Ciencia en familia.

Finalmente poderán presentar o resultado das súas investigacións en Pontenciencia: Feira da miniciencia, e se o desexan participar na fase de concurso do Premio Pontenciencia.

O proxecto

Os comités científicos teñen como función facer propostas temáticas de investigación aos participantes. As propostas que presenta cada comité están fundamentadas e documentadas de modo que facilitan a comprensión e participación dos escolares.

A constitución dos comités científicos realizouse no mes de xaneiro e contamos con representación de 6 centros:

  • Escola Universitaria de Enxeñería Técnica Forestal
  • Escola Universitaria de Fisioterapia
  • Facultade de Belas Artes
  • Facultade de Ciencias da Educación de do Deporte
  • Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación
  • Centro universitario de defensa. Escola Naval Militar (adscrita á Universidade de Vigo)

Os comités están a elaborar as súas propostas, pero xa están aprobadas:

      • A biodiversidade e os eucaliptos. Adolfo Cordero Rivera. EUET Forestal.
      • A fauna das praias. Adolfo Cordero Rivera. EUET Forestal.
      • O medio físico. Antonio M. De Ron. Misión Biolóxica de Galicia- CSIC
      • Elaboración de perfumes caseiros. Rocío Maceiras Castro. Centro Universitario da Defensa- Escuela Naval Militar
      • Fabricación de cristais. Rocío Maceiras Castro. Centro Universitario da Defensa- Escuela Naval Militar.
      • Construción dunha planta de desalinización solar. Víctor Alfonsín Pérez. Centro Universitario da Defensa- Escuela Naval Militar
      • Purificación de auga mediante o emprego de plantas. Víctor Alfonsín Pérez. Centro Universitario da Defensa- Escuela Naval Militar
      • Construción dun periscopio.  Víctor Alfonsín Pérez. Centro Universitario da Defensa- Escuela Naval Militar
      • “Que cor che gusta máis… comer?. Marta Fariña Rodríguez. Facultade de Belas Artes.
      • Investigando na cociña. Luisa Martínez Lorenzo. Unidade de Cultura Científica CSIC.
      • A auga e as propiedades físicas dos solos. Purificación Marcet Miramontes. EUET Forestal.
      • Ler a cidade. Formas, letras e algo máis na túa cidade. Iziar Ezquieta Llamas. Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte.

Obradoiros de método de investigación

Os obradoiros de método de investigación realizáronse nos centros educativos dirixidos aos escolares de 5º e 6º de educación primaria, e na sede da FANPA dirixidos ás familias.

O obxectivo era explicarlles como realizar unha investigación, o protocolo a seguir de maneira lóxica e organizada e como conseguir que os resultados sexan reproducibles e confiables. Ao mesmo tempo, pretendían facilitar a participación na feira e a comprensión e valoración persoal de outros proxectos.

Centros educativos participantes son:

      • CEIP San Benito de Lérez
      • CEIP Parada- Campañó
      • CEIP Pontesampaio
      • CEIP San Martiño
      • CEIP A Xunqueira II
      • CEP Marcos da Portela
      • CEIP A Xunqueira I
      • CEIP Froebel

Ciencia no cole e ciencia en familia

Estas accións consisten na realización de proxectos de investigación destinados á exposición en Pontenciencia: Feira da miniciencia, e ó concurso Pontenciencia.

Unha vez recibida a formación en método de investigación, os escolares recibiron as temáticas de investigación propostas polos comités científicos, así como as bases de participación.

A modalidade de “Ciencia no cole” está destinada a escolares de 6º de primaria coa colaboración do profesorado. A participación en “Ciencia en familia” está destinada a escolares de calquera nivel de educación primaria en colaboración cun membro da súa familia, independentemente de que participe o seu centro escolar. Ambas participacións son asesoradas e apoiadas polo comité científico.

Na actualidade están inscritos sete centros educativos e doce familias.

Pontenciencia. Feira da miniciencia. 3 e 4 de xuño de 2016

Dentro da feira desenvólvese o Concurso Pontenciencia, cuxo obxectivo é poñer en valor e dar visibilidade aos proxectos de investigación presentados.

As bases de participación recollen as características que se valoran tales como orixinalidade do proxecto, metodoloxía realizada, presentación de resultados,…

A feira está dividida en dúas sesións:

  1. Ciencia no cole (venres): Presentación dos proxectos de investigación dos centros de ensino participantes (5º-6º primaria): ata 4 investigacións experimentais ou documentais e as presentan os alumnos/as ante o xurado.
  2. Ciencia en familia e entrega de premios (sábado): Presentación dos proxectos de investigación das familias participantes (alumno primaria-familiar): ata 2 investigacións experimentais ou documentais e as presentan os alumnos ante o xurado.
    1. Deliberación do xurado: entre o resumo entregado, a presentación física no stand e a presentación oral do alumno

Actividades complementarias durante as xornadas:

    • Cúpula astronómica cun programa de proxección de estrelas e formadores especializados.
    • Robotix destinada á iniciación na robótica e na investigación sobre a programación de robots.
    • Espectáculo científico
    • Exposición fotográfica
    • Ciclo de curtos sobre ciencia. Proxectaranse audiovisuais de divulgación científica do equipo Divulgare e da cátedra de Cultura Científica da Universidade do País Vasco.
    • Café-almorzo durante a mañá.

As novidades deste ano son:

    • Colaboración do CIFP Carlos Oroza cunha actividade de fomento da investigación na cociña.
    • Colaboración da Misión Biolóxica de Galicia- CSIC que está a traballar nunha exposición de legumes (ademais de participar nos comités científicos) para conmemorar que o ano 2016 é o ano Internacional das legumes.

Seguimento a través da

páxina web: www.pontenciencia.com

e do facebook  https://www.facebook.com/pages/Pontenciencia/597035373695764