O Entroido volve ás rúas da cidade coa parodia, o desfile e as honras fúnebres de Ravachol

177

 As pasadas semanas foron os adversos meteorolóxicos (intensas chuvias e fortes ventos), nesta ocasión será as citas festivas as que non dean tregua á cidade. A fin de semana os aprazados eventos do Entroido – XXI Mostra da Parodia, desfile de Entroido, honras fúnebres e incineración de Ravachol e o desfile de Monte Porreiro- compartirán protagonismo con dúas festas gastronómicas: a X Festa da Orella de Lérez e a Festa da Zorza de Monte Porreiro.

As citas prazadas do Entroido comezarán as 23 horas da noite do venres, 19 de febreiro, coa XXI Mostra da Parodia e rematarán coas honras fúnebres e a incineración do loro Ravachol na tarde e noite do domingo, día 21.

Mostra da Parodia. Participantes e localizacións previstas.

  • Vamos a Todo. Tu cara no me suena. (praza de Ourense)
  • Amoriños de Bora. (praza Peregrina)
  • Os das Pista (diante de Casa Alcalde)
  • Os de Sempre. Churrería clandestina. (pr. Curros Enríquez)
  • Equipo Ja. (rúa Benito Corbal, diante do estanco)
  • Os frojeiras de Sanxenxo. Vaite con vento fresco (pr. A Ferrería). . Val do Lérez (pr. de España)

Programación da fin de semana

  • Venres, 19 de febreiro
    23.00 horas. Prazas e rúas da cidade. XXI Mostra da Parodia
    02.00 horas (sábado). Praza da Ferrería. Entrega dos premios da XXI Mostra da Parodia
  • Sábado, 20 de febreiro
    11.00 horas. Pasarrúas polo centro histórico da comparsa Os Canecos.

    16.00 horas. Rúa Eduardo Pondal. Concentración dos participantes no desfile para realizar a inscrición e recollida do número de participación.

    17.00 horas. Desfile do Entroido. Saída dende a rúa Eduardo Pondal co seguinte percorrido: Eduardo Pondal, Uxío Novoneira, Cobián Areal, Benito Corbal, Peregrina, Michelena, praza de España, rúa Alameda.

    20.00 horas. Praza da Ferrería. Entrega dos premios do concurso de disfraces.

    Domingo, 21 de febreiro

    12.00 horas. Monte Porreiro. Festa da Zorza

    12.00 horas. Recreación da botica de do Perfecto Feijóo.

    16.30 horas. Rúas do barrio. Desfile de Entroido de Monte Porreiro.

    18.00 horas. Praza da Verdura. Comezo do velatorio de Revachol. Prégase loito rigoroso

    20. 00 horas. Saída do cortexo fúnebre da praza da Verdura que percorrerá: San Román, A Ferrería, paseo Antonio Odriozola, Soportais, Manuel Quiroga, Princesa, Sabela II, rúa Real, Sarmiento, Pasantería e praza da Ferrería. Icineración do finado Ravachol, con espectáculo necrolóxico. No séquito estarán as comparsas Val do Lérez, Amoriños de Bora, os Paparrulos, Os Solfamidas, Las Flores del Carnaval, Vamos a Todo e Os da Caña.

    XORNADAS SOBRE O ENTROIDO

    O Entroido é retranca e diversión e tamén é cultura. Co fin de profundar na súa historia, nas semellanzas e na pluralidade dos entroidos tradicionais e nos segredos dos seus ritos chegan as IV Xornadas sobre o Entroido de Galiza.

    O Entroido é retranca e diversión e tamén é cultura. Co fin de profundar na súa historia, nas semellanzas e na pluralidade dos entroidos tradicionais e nos segredos dos seus ritos chegan as IV Xornadas sobre o Entroido de Galiza.

    Programa

    Venres, 19 de febreiro

    18.30 horas. Apertura das xornadas

    18.45 horas. Conferencia de Anxos Rosales e Rafael Quintiá, “O Entroido tradicional de Xermade”

    19.30 horas. Conferencia de Lois Pardo, “O proxecto de recuperación da Pita de Eiroás: Autenticidade e creación”

    20.15 horas. Conferencia de Xosé Manuel Seixas, “Tipoloxía e construción das máscaras do Entroido galego”.

    Sábado, 20 de febreiro

    18.30 horas. Conferencia de Damián Otero, “O Carnaval de Hío dende dentro: unha aposta pola tradición”

    19.15 horas. Conferencia de José Rodríguez Cruz, “O Entroido da Raia”

    20.00 horas. Conferencia de Miguel Alonso, “Máscara, identidade e transformación”

    21.00 horas. Mesa redonda e coloquio