As parroquias de Salcedo e Campañó acollen hoxe e mañá os Cursos de poda de vides e froiteiras que organizan que organizan as concellarías de Medio Ambiente Natural e Coordinación do Rural.
En Campañó será o sábado a sesión práctica; mentres que en Salcedo -Cabanas- as clases teóricas e prácticas serán hoxe e mañá.
O resto de cursos desenvolveranse seguindo o seguinte calendario:
- A Devesa-Alba. Mércores e xoves, 24 e 25 de febreiro
- Bora. Venres e sábado, 26 e 27 de febreiro.
- Estribela-Lourizán. Venres e sábado 4 e 5 de marzo
- Cerponzóns. Mércores 9 de marzo e sábado 12 de marzo
- Centro Sur Campolongo. Venres e sábado 11 e 12 de marzo
- Lusquiños-Tomeza. Venres e sábado 18 e 19 de marzo.