Ourense e Ferrol miran a Pontevedra para determinar o seu modelo de cidade

102

Pontevedra estará presente mañá en sendos foros especializados e impulsados por distintos medios de comunicación de Galicia para determinar que tipo de cidades se queren construír en Galicia. Ourense e Ferrol serán os escenarios das ponencias dos responsables do Goberno Local para explicar o modelo urbano de Pontevedra e tratar de axudar e dar claves para que as cidades galegas estean entre as mellores do mundo para vivir.

O alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores participará a partir das 20.15 horas no Foro La Región no Centro Cultural Marcos Valcárcel para impartir a conferencia “Unha cidade para vivir, unha cidade para soñar”. Na propia convocatoria se recorda que o modelo de Pontevedra é a posta estratéxica dunha cidade que nace para favorecer o desenvolvemento urbano sostible e integrado, mediante un proceso de participación cidadá que colabora na transformación urbana, económica, ambiental, social e cultural da cidade. É un modelo deseñado para as persoas.

Pontevedra en Ferrol

Case á mesma hora a tenente de alcalde e concelleira de Urbanismo, Carme da Silva participará no Foro Voz que debate en Ferrol sobre o modelo cara o que quere crecer a cidade do norte de Galicia. A convivencia entre peóns e vehículos é o punto do debate en Ferrol, a cidade que acaba de vivir recentes peonalizacións como a rúa Real ou o tramo de cantón máis próximo ás Angustias.

A cita é ás 20.00 horas no salón de actos de Afundación.

A concelleira compartirá mesa coa concelleira de de Urbanismo, Planeamento e Mobilidade de Ferrol, María Fernández Lemos; opresidente do Centro Comercial Aberto Ferrol-A Magdalena, Cristóbal García Nores; o secretario da asociación de veciños Pedro Padrón, César Crego; e o presidente da Asociación de Empresarios de Hostalería de Ferrol e Comarca, Emilio Vázquez.

Como recolle o propio grupo de comunicación, “el contrapunto a la visión local llegará desde Pontevedra. Es el indiscutible referente en movilidad a nivel gallego e incluso a estatal e internacional, ámbitos en los que ha recibido distintos premios. Su concejala de Urbanismo, Protección Ciudadana y Fiestas, Carme da Silva, desgranará un modelo de ciudad «compacta» pensada «por y para» los peatones, con aparcamientos alternativos a diez minutos del centro”.