O Pazo da Cultura de Pontevedra presenta Sons Diversos, un novo ciclo musical onde se reúnen bandas e artistas de distintos xéneros baixo un mesmo denominador común: a boa música.
Sexa cal sexa o teu estilo, temos un concerto para ti: pop, rock, indie, folk…
Artistas e músicas de todo o mundo en Sons Diversos, a nova proposta musical que vai contigo.
Ángel Stanich
Sábado 27 de febreiro, 21.00 h
Teatro Principal
Venda anticipada de entradas en www.ataquilla.com a un prezo de 10 € e 12 € + gastos e, no caso de non esgotarse, desde 1 hora antes na billeteira do Teatro Principal.
Con tan só un álbum (Camino Ácido), un EP (Cuatro Truenos Cayeron) e un sinxelo dixital que publicou a modo sorpresa do Nadal un tanto áceda (Jesús Levitante), Ángel Stanich, o ermitán do pop español, conseguíu abarrotar todo tipo de salas e festivais provocando auténticos karaokes co seu Carbura, Mezcalito ou Metralleta Joe, xenuínos hits alternativos do indie nacional máis recente.
Calum
Sábado 5 de marzo, 21.00 h
Auditorio do Pazo da Cultura
Venda de entradas en www.ticketea.com, prezo a partir de 25 € + gastos e, no caso de non esgotarse, desde 2 horas antes na billeteira do Auditorio do Pazo.
Calum, a xoven promesa do panorama pop nacional e ex concursante de “La Voz Kids” chega a Pontevedra coa xira de presentación do seu album debut: “Hey Babe”, un disco composto por temas pop e pop-rock latino, con letras en inglés e castelán.
Nada Surf
Sábado 29 de abril, 21.00 h
Auditorio do Pazo da Cultura
Venda anticipada de entradas en www.ataquilla.com a un prezo de 12 € e 20 € + gastos e, no caso de non esgotarse, desde 2 hora antes na billeteira do Auditorio do Pazo.
Nada Surf presenta en Pontevedra os temas do seu oitavo album: “You Know Who You Are” (Ernie Records). Producido por Tom Beaujour en Nuthouse Recording, este traballo supón o primeiro da banda coma cuarteto, con Doug Gillard como segundo guitarra incorporado á formación básica de Matthew Caws (voz, compositor e guitarra), Daniel Lorca ao baixo e Ira Elliot á batería. O novo album pódese considerar a colección máis representativa das dúas décadas de carreira do grupo. Componse de dez cancións que capturan todas as facetas da banda, ao tempo que ofrece elementos que se apartan do ouvido previamente no seu catálogo.
Guadi Galego
Lúas de outubro e agosto
Sábado 7 de maio, 21.00 h
Teatro Principal
Venda anticipada de entradas en www.ataquilla.com a un prezo de 10 € + gastos. No caso de non esgotarse, poderán adquirirse o mesmo día do concerto a 12 € desde 1 hora antes na billeteira do Teatro Principal.
Tralo seu primeiro traballo en solitario,Guadi Galego, unha das artistas máis relevantes da escena musical de Galicia, presenta “Lúas de outubro e agosto”, unha fermosa selección de cancións cun nexo común: a natureza das composicións, a esencia do vivido e madurado, a emoción e a intensidade, a delicadeza e o risco. A artista preséntase agora cun son e unha expresión artística máis madura e tamén máis atrevida, máis melódica pero á vez, máis arriscada.
A traxectoria musical de Guadi Galego é moi intensa e rica, foi voz principal e gaiteira do grupo Berrogüetto, tamén formou parte como intérprete e compositora dos interesantes proxectos colectivos: Nordestinas, Espido e aCadaCanto.
IMmaculate Fools
Venres 20 de maio, 21.00 h
Auditorio do Pazo da Cultura
Venda anticipada de entradas en www.ataquilla.com a un prezo de 20 € + gastos. No caso de non esgotarse, poderán adquirirse o mesmo día do concerto a 22 € desde 2 horas antes na billeteira do Auditorio do Pazo.
Entre 1985 e 1997, os británicos Immaculate Fools editaron seis traballos e conquistaron pouco a pouco o sur de Europa facendo o que mellor se lles daba: cautivar ao público con clásicos pop como Wish You Were Here, Come On Jayne e, naturalmente, a propia Immaculate Fools.
Logo de desfacer o grupo en 1997 e dunha etapa en solitario, o líder da banda, Kevin Weatherill, refunda en 2005 os Immaculate Fools coa premisa de construír sobre o pasado e regravar algunhas das súas cancións favoritas como sempre pretendeu que soasen: libres das limitacións que impoñían as modas dos anos 80.
Os novos Immaculate Fools chegan agora a Pontevedra para presentar o seu último traballo en concerto: Turn The Whole World Down. Un álbum visceral e emocional, no que atopamos algunhas versións de clásicos do grupo pero cun novo son, o dos Immaculate Fools.
Máis información: pazodacultura.org