O Concello destina 25.000 euros a subvencións para actividades das ANPA

125

A Xunta de Goberno aprobou as bases para a convocatoria de subvencións a asociacións de pais e nais (ANPA) de centros públicos de Pontevedra que impartan ensinanzas de Educación Infantil, Primaria ou ESO para o curso 2015-16. O Concello adicaralle un total de 24.340 euros.
As axudas concedidas serán dun mínimo de 500 euros e a porcentaxe subvencionábel polo Concello no poderá exceder do 50% do custo da actividade a que se aplique.

Os criterios para o outorgamento das subvencións e fixación da contía serán os seguintes: número de actividades, alumnado participante nas actividades (no seu conxunto), participación nas actividades ( en cada caso) e repercusión e contidos do proxecto.

Por outra banda a Xunta de Goberno Local decidiu sacar a licitación a contratación do servizo de seguro obrigatorio dos vehículos a motor do Concello e os seus entes dependentes por un valor de 70.000 euros ao ano. O contratalo terá unha duración dun ano e se poderá prorrogar por outro máis.

Tamén sácase a licitación o servizo de seguro de responsabilidades civil e patrimonial do Concello e os seus órganos dependentes por unha contía de 96.000 euros ao ano. Como no caso anterior o contrato terá un ano de vixencia e poderase ampliar unha segunda anualidade.

Ademais o Goberno local solicitará á Xunta unha subvención de 119.000 euros co fin de mellorar as vías de acceso a rúa das Mámoas, no polígono industrial do Campiño. A subvención vai dirixida ao programa autonómico de axudas para a mellora dos parques empresariais.

Bases subvencións ANPA