Chegan os Cantos de Taberna

291

Cantos da Taberna chega a súa quinta edición con máis grupos, e máis grupos de Pontevedra. O próximo venres, 26 de febreiro, comezan e a cita repetirase o último venres de cada mes até xuño.

“O obxectivo é que prenda o hábito de cantar” subliña a concelleira de Festas, Carme da Silva quen anima a todos a participar xa que “non hai que cantar ben senón querer cantar”. Cada noite daráselle un agasallo ao participante máis entusiasta.

O grupo Maravallada e o Concello promoven os Cantos de Taberna, que serán en horario de 21.00 a 24.00 horas.

Cantos-de-Taberna-cartelPrograma, grupos e locais:

  • 26 de febreiro. Maravallada actuará en Novo Viñedo e Maristas
  • 18 de marzo. Son das Ondas, en Machuco e Lar
  • 29 de abril. Airiños do Mar, en Milano e O Pasaxe
  • 27 de maio. Cantanascroas, en Saudade e O Trasno
  • 24 de xuño. Os Carunchos, en As Reixas e A Navarra.