Comeza o apuntalamento e a retirada 
de entullos no Pazo Mariño de Lobeira

57

A empresa contratada pola propiedade do Pazo Mariño de Lobeira traballa xa na retirada dos entullos e o apuntamento do Pazo na rúa César Boente, atendendo a orde de Disciplina Urbanística emitida a pasada semana. Aquela orde obriga a retirar os entullos que están a sobrecargar a estrutura do inmoble, así como á desmontaxe de todos os elementos non estruturales nin singulares da edificación e os apuntalamentos necesarios para o aseguramento do inmoble.

O informe emitiuse só 24 horas despos de que a propiedade alertara do “grave risco de colapso” da edificación, adxuntado un informe técnico, e solicitara permiso para o desentullo de elementos xa derrubados” e apuntanento de certos elementos estructurais.