Con Moita Miga, punto de debate 
do sector do pan esta fin de semana

54

A programación das xornadas Con Moita Miga, que se desenvolverán esta fin de semana na Casa da Luz, sufren pequenas modificacións. A nova programación queda do seguinte modo:

  • Venres, día 26 de febreiro na Casa da Luz:
    • 18 h Charla dirixida á hostelería de Jesús Monedero, chef
    • 19 h Charla de Teba González , dietista-nutricionista
    • 20 h Os Chefs José Cannas e Pepe Solla, falarán dos maridaxes entre o pan e diferentes produtos ‘Creacións a partir do pan’
  • Sábado, día 27 de febreiro, na Casa da Luz:
    • 18 h mesa sobre ‘A formación dos panadeiros’ con: Román Latas, inspector de Educación; Manuel Hermo, director do Centro Carlos Oroza; Daniel Pampín, panadeiro. Modera el periodista Xosé Manuel García
    • 19.30 h Charla coa familia da Panadería J. Castro Hnos. Presentada por Xosé Manuel García
    • 20.30 h Cata con Ibán Yarza, descobre ‘O Bo Pan’

O obxectivo destas xornadas é pór en valor e dar a coñecer ao público xeral este produto galego e de calidade, así como servir de punto de encontro e debate do sector. Colaboran na súa organiza a Concellería de Promoción Económica e da Cidade; panadeiros, a asociación Con moita miga e o IES Carlos Oroza.

Inscricións na xornada para profesionais (luns): 170 prazas cubertas

http://conmoitamiga.org/2016/gl/