Limpeza xeral na avenida do Uruguai

56

A Concellaría de Servizos, baixo a dirección da concelleira Carme da Silva, continúa coas limpezas xerais en distintos barrios da cidade. Nesta ocasión será na avenida do Uruguai, no lateral da ría.

A limpeza xeral será mañá, 25 de febreiro, e dado que se trata de zonas de estacionamento de vehículos e de carga e descarga, xa se colocaron valos indicativos prohibindo o aparcamento en toda a zona. A prohibición será efectiva dende esta tarde.

A limpeza desenvolverase con varredoras, máquinas de auga e limpeza a pé. A concellaría solicita a colaboración de veciños e de condutores para acadar unha perfecta limpeza das rúas.