Parques realiza unha limpeza e poda 
de seguranza e sanitaria na Alameda

68

O Concello de Pontevedra está a realizar unha limpeza e poda de seguridade e sanitaria de todas as árbores da Alameda da cidade. O servizo de Parques e Xardíns, a través dunha empresa especializada e cun custe de 21.000 euros, fixo unha supervisión e un informe da situación da arboredo que concluíu en podas en profundidade dos exemplares e tamén na tala de media ducia árbores que estaban en risco de caída.

Os técnicos do servizo aseguran que os problemas das árbores cortadas eran debido á vellez, enfermidades e derivados da compactación á que se someteu á Alameda en retiradas ocasións. Nesta media ducia de árbores detectáronse podremias avanzadas -incluso había exemplares ocos por dentro- entre as especies retiradas había carballos americanos e do país, chopo, acacia ou tilos.

Ademais da poda tamén se están a facer traballos de suxeición das polas das árbores de gran porte para garantir a seguranza das persoas que empregan a Alameda.

As podas están moi avanzadas. Na actualidade trabállase nos plátanos da parte das escaleiras da Alameda -pola avenida Raíña Vitoria- e completaranse co destoconado de todas as árbores que foron retiradas nestes profundos traballos sanitarios que se realizan na Alameda.

A Concellaría xa acordou a reposición dos exemplares agora retirados por motivos de seguridade, mantendo as aliñacións propias da Alameda. Serán novos exemplares de porte que se plantarán cando se rematen estes traballos e sempre en época de plantación