A ximnasia de Pontevedra traspasa fronteiras

55

A concelleira de Deportes, Anxos Riveiro recibiu esta mañá á ximnasta pontevedresa Maica Jarrillo, logo de regresar de Atacama, de disputar os primeiros xogos deportivos de verán de Atacama, en Chile, onde obtivo un moi bo resultado. De feito quedou segunda na competición e tamén obtivo unha medalla na modalidade de mazas.

Na recepción tamén estivo a súa nai e as adestradoras de Treboada que en só unha semana prepararon a Maica para esta competición.