O Concello inicia na Eiriña as melloras do contrato de mantemento das vías urbanas

61

O concelleiro coordinador da área urbana, Luís Bará, visitou esta mañá o barrio da Eiriña xunto coa diretiva da nova asociación de veciños e con técnicos municipais para fixar as actuacións que o Concello fará inminentemente facendo uso do contrato de mantemento das vías urbanas.

Son pequenos traballos relativos á seguranza viaria e accesibilidade, mobilidade, reordenación do tráfico, e tamén nos parques ou zonas verdes do barrio. De feito, o concelleiro ía acompañado dos técnicos da empresa adxudicataria deste contrato de mantemento e tamén dos técnicos municipais de parques e xardíns para incluír estes espazos nas melloras inmediatas, dado que tamén forman parte do espazo público.

O concelleiro Luís Bará explicou que semanalmente -aproximadamente- manterá contactos coas asociacións de veciños para explicarlles os traballos de mantemento que se farán en cada barrio, e para incorporar as pequenas peticións que fagan os veciños. Segundo o concelleiro nos vindeiros meses poderán facerse arredor de 40 ou 50 actuacións de mellora a cargo a este contrato. Para fixar as prioridades, realiza esta ronda de contactos, e comezou polo barrio da Eiriña porque acaba de constituírse a nova asociación que lle solicitara unha reunión.