Crea 8 de Marzo, a loita continua

91

Non todo está feito, nin todo está garantido. A loita continua. Son as premisas dos actos arredor do 8 de Marzo programados pola Concellería de Igualdade e nas que os centros educativos xogarán un papel protagonista.

O lema “Crea 8 de marzo” é o paraugas que da amparo a todas as actividades programadas e tamén o nome do perfil de facebook no que, dende xa, os centros educativos subirán documentos, material gráfico e audiovisual de traballos, actividades e accións realizadas polos alumnos e alumnas en prol da igualdade.

Programa (todas as actividades son de balde)

– 3 de Marzo. Casa da Luz (20.00 horas)

Conferencia de Aurora Marco. “Derrubaron muros, ocuparon espazos. Achegas das galegas nos séculos XIX e XX”.

Defínese como traballadora da cultura. Licenciada en Filosofía e Letras, en Santiago de Compostela foi autora de numerosas obras, como Mulleres na guerrilla antifranquista galega (2011), Dicionario de mulleres galegas (2007) ou Mulleres e educación en Galiza (2002), entre outras. Experta nas conquistas feministas, nesta oocasión ven a falar da visibilización da historia de mulleres galegas.

– 7 de Marzo. Praza diante da Audiencia Provincial (Inauguración, 19.00 horas).

Exposición sobre as conquistas das mulleres.

Exposición que recollerá conquistas acadadas polas mulleres como o sufraxio, o aborto, a emancipación do matrimonio, o acceso a escolaridade ou os dereitos laborais. Será unha exposición feita coa participación de centros educativos e colectivos sociais.

Estará até o 31 de marzo.

– 8 de Marzo. Teatro Principal
Proxección do curto “Vés ou non ves?” e posterior coloquio cos e coas protagonistas (19.00 horas)

O alumnado do proxecto “Obxectivo Igualdade” do IES Luis Seoane presenta unha película que nos fala dunha relación entre dous adolescentes do centro que comeza con ilusión e felicidade, truncándose ao longo da mesma nunha relación baseada no control. O círculo máis cercano involúcrase nela e desactiva un conflicto que afectaba a todos.

Proxección da película “Una mujer en África” a cargo do Cine Club (20.15 horas)

Nun conflitivo país do corazón de África viviu María ( Isabelle Huppert ), unha facendeira en cuxa terra se cultiva principalmente café. Ela é unha muller de carácter forte e orgulloso destinada a exercer un control axustado nas súas propiedades. Así, cando se está a piques de explotar no país nunha guerra civil , non dubida en defender a súa colleita con uñas e dentes .

-10 de Marzo. Pazo de Mugartegui (20.00 horas)

Conferencia de Jadiyetu El Mohtar Sidahmed. “A importancia das mulleres na política. O exemplo da loita por unha Sahara libre”

El é responsable de relacions internacionais da Unicón de Mulleres Saharauis OUTROS

Ademais dos actos programados directamente polo Concello, varias entidades comunicaron ao Consello da Muller as súas actividades do 8 de Marzo.

-A CIG convoca unha concentración na (non oficial) praza 8 de Marzo (confluencia das rúas Peregrina, Daniel de la Sota e García Camba) ás 12.00 horas.

A Asociación veciñal Salcedo Norte inaugura a exposición “A muller do século XX”. A través de 12 carteis, fará un percorrido por algúns dos vellos oficios, a maior parte deles esquecidos na actualidade, desenvolvidos pola muller galega na primeira metade do século XX.

Xunto coa devandita exposición, terá lugar un acto de homenaxe a varias veciñas que, coa narración das súas experiencias persoais, contribuíron á elaboración dun pequeno documental titulado “Loitadoras”, que se vai proxectar o mesmo día 8 de marzo ás 20.00 horas no salón de actos do mesmo Centro Sur, seguido dun pequeno coloquio no que participarán as protagonistas.