Melloras no estacionamento de Urbano Lugrís e de accesibilidade no barrio sur

76

O concelleiro coordinador da Área Urbana visitou a zona sur da cidade -contorna da estación e do IES Torrente Ballester- unha visita que forma parte da xeira aos barrios que está a facer Luís Bará co fin de avaliar as obras de conservación, mantemento e mellora de espazos públicos que están en marcha e fixar as actuacións que o Concello acometerá inminentemente facendo uso do contrato de mantemento das vías urbanas. Tamén mantivo un encontro coa dirección do instituto, que está ao carón do estacionamento en superficie de balde da rçua Urbano Lugrís  acondicionado polo Concello nesta entrada á cidade.

Por unha banda está a piques de rematar o arranxo das beirarrúas e do xardín da avenida da Estación próximo a rotonda da avenida Josefina Arruti, unha intervención a cargo da empresa Covsa. Estes traballos contan cun orzamento de 60.000 euros e inclúen a substitución das moreiras no primeiro tramo da rúa Fernando II, unha petición da veciñanza que viña queixándose da proliferación de insectos procedentes destas árbores. Serán substituídas por ginko biloba.

Por outro lado, o concelleiro Luís Bará anunciou próximas actuacións a conta do contrato anual de mantemento das vías urbanas.

– Mellora da accesibilidade na rúa Bibiano Fdez Osorio Tafall e as transversais a Herminia Fariña

– Mellora da mobilidade en Herminia Fariña, onde hai problemas xerados polo acceso ao estacionamento soterrado de Mercadona

– Melloras no estacionamento gratuito situado na rúa Urbano Lugrís ( ao carón do IES Torrente Ballester).