O modelo de tratamento do lixo 
de Pontevedra inspirado en Navarra, Guipúscoa e Austria

75

A Comisión de Mobilidade, Infraestruturas, Obras e Servizos recibiu esta mañá ás explicacións do asesor de residuos da Deputación, Carlos Pérez, que informou sobre o novo sistema de recollida e tratamento de residuos que quere implantar o Concello de Pontevedra, xa que o informe técnico foi elaborado dende a Deputación provincial por el mesmo.

Logo dunha longa exposición, Carlos Pérez explicou ao remate que o sistema de Pontevedra é parecido ao existente no occidente de Navarra e Guipúscoa no referido aos composteiros individual e comunitario; e ao modelo austríaco na planta de compost.

Carlos Pérez indicou que con este sistema perténdese “recuperar os bos modos operativos do pasado e introducir elementos de racionalización, xa que é incoherente e improcedente que resiudos que se produce de forma atomizada e dispersa no territorio, haxa que levalo a un só punto”. O sistema que quere implantar o Concello “atalla iso e busca vías tecnoloxicamente aceptables. E chegamos á conclusión de que o único que se pode tratar é o orgánico porque é o único que pode ser tratado con baixa tecnoloxía con garantías tecnoloxía sanitarias e ambientales, e ecolóxicas”.

O asesor de residuos da Deputación manifestou que o sistema pretende “volver ao pasado” no sentido “de retorno do orgánico á terra e pechar o ciclo do CO2” ou no sentido de “rexeitar cuestións tecnolóxicas superfluas, innecesarias, que buscan un mecanicismo innecesario porque non o precisa o sistema”.