Pontevedra convértese nunha cidade musical e moi “Superpunky”

79

O director pontevedrés Pablo Cacheda volve rodar un novo proxecto audiovisual na cidade do Lérez tralo éxito de “Clases de lo social, la webserie”. O proxecto conta coa colaboración do Concello de Pontevedra, Pontevedra Film commission e no elenco artístico con artistas recoñecidos como Fernando González, Sabela Arán, Antea Rodríguez e Cova Berdiñas.

As notas musicais poranas os grupos galegos Monoulious Dop e Priscila.

A produtora convoca un casting aberto ao público para diferentes papeis da obra, o venres 11 de marzo na Casa da Luz, na praza da Verdura de Pontevedra. (10:00 h a 14:00 h e de  16:30 h a 19:00 h).

Tralo éxito de dúas temporadas da webserie “Clases de lo social”, coa nominación aos Premios Mestre Mateo e o Premio do Público do Festival Carballo Interplay, o realizador pontevedrés volve rodar na súa cidade natal, un novo proxecto musical que conta a historia de dúas amigas, Belén e Rebeca que son íntimas desde pequenas. Ambas comparten os mesmos gustos musicais, pero cando van á universidade os seus gustos musicais sepáranse e comezan a aparecer os conflitos. Entre estes conflitos aparecerá Quique, un antigo, neno prodixio e actual cantautor maldito. Un concerto de Quique, varios anos despois de separarse do seu grupo, servirá de eixo da historia.

CONTACTO:

E-mail: superpunkymusical@gmail.com