Os arquitectos Santos e Mera farán 
os proxectos dos campos de fútbol Cerponzóns e Santa María de Xeve

103

O Concello de Pontevedra contratou ao recoñecido despacho de arquitectura SantosıMera para que asuman a mellora arquitectónica dos campos de fútbol de herba sintética que o Concello quere habilitar no rural. Este venres pola tarde, os concelleiros Anxos Riveiro e Demetrio Gómez visitarán os campos de fútbol de Cerponzóns e Santa María de Xeve xunto cos arquitectos para coñecer in situ os campos.

O Concello quere que os novos campos de herba sintética cumpran todos os cánones propios deste tipo de instalación e achegarlle, tamén, a perspectiva da arquitectura para facer deles instalacións senlleiras nas parroquias e no concello.

SantosıMera é un despacho de arquitectura que xa ten colaborado noutros proxectos do Concello de Pontevedra con excelentes resultados. Deles son os deseños arquitectónicos do Local Social do Gorgullón e tamén a Casa Verde de Salcedo. Deles tamén é a reforma da Audiencia provincial ou o Centro de día de Alzheimer na cidade da man doutras administracións.

Santos Mera Curriculum