Pontevedra transfórmase en escenario dun crime, este sábado na primeira Gamification Jan Galicia

71

A Casa da Luz acolle este sábado, 12 de marzo, a xornada Gamification Jan Galicia promovida pola Concellaría de Promoción da Cidade, e coa colaboración das universidades galegas de Vigo e A Coruña. Tal e como explicaron os seus organizadores esta mañá, Raquel Pedrouso e Aitor Barbosa, a gamificación é a incorporación de elementos e dinámicas do xogo a eidos serios, que vai encamiñado á modificación da conduta no ámbito educativo, laboral e da saúde.

A Gamification Jam Galicia é unha experiencia de aprendizaxe coa que se persegue un dobre obxectivo: xerar unha comunidade activa de gamificadores en Galicia e, por outra banda, achegar a gamificación aos/as docentes como ferramenta de innovación educativa, de tal xeito que logo da xornada do sábado xa poidan aplicar elementos da gamificación nas súas aulas o luns.

A experiencia de aprendizaxe da xornada do sábado basease en 3 momentos principais:

De 10:00 a 14:00 horas. Experiencia gamificada de aprendizaxe na que os participantes terán que descubrir quen é o asasino ao transformárense en axentes do FBI.

De 16:00 a 19:00 horas. Obradoiros creativos nos que se porá en práctica o aprendido na sesión da mañá e idearanse novas experiencias axeitadas as necesidades dos asistentes e á súa complementación na aula.

De 19:00 a 20:00 horas. Pechakucha: Exposicións de investigacións e ferramentas gamificadas para a aula. Participarán:

Beatriz Legere (Docente e Investigadora da U.Vigo): Experiencias e iniciativas da Gamificación e os Videoxogos na Aula.

Luz Castro (Imaxin Software): A importancia da innovación nos procesos de aprendizaxe.

Antonio Seoane (Docente e Investigador da UDC): Motivación vs Engagement

Bruno Verin (Representante do proxecto Educativo Semente):Unha ferramenta práctica gamificada en lingua galega.

Mais información: https://gamificationjam.wix.com/gjg2016

Reserva de praza: Prezo 10,00euros.

https://gamificationjam.wix.com/gjg2016#!reserva-entrada/z49gr