Concello e Universidade, xuntos no pulo da creatividade, innovación e calidade urbana

55

O Concello de Pontevedra considera “moi importante” á Universidade e amósao coa firma dun convenio de colaboración coa institución académica que mesmo o reitor Salustiano Mato cualifica de “histórico”. Segundo explicou o alcalde Miguel Fernández Lores o acordo ten unha parte económica: unha redución drástica -do 95%- do IBI dos inmobles universitarios e unha parte de traballo e colaboracións conxuntas co fin de deseñar e desenvolver un modelo de cidade referente tamén no pulo da cultura, da innovación e das tecnoloxías como palanca de eficiencia e de calidade da xestión e como polo de atracción de actividades de alto valor engadido.

O convenio marca un antes e un após, en palabras do reitor quen subliñou que é o primeiro acordo económico destas características que asina. Non existe en ningún dos outros dos concellos con campus: Vigo e Ourense.

O alcalde Miguel Fernández Lores agarda obter novos e importantes réditos da colaboración coa Universidade, xa estreita a día de hoxe. Citou entre proxectos e iniciativas en marcha e que terán continuidade os seguintes:

  • Impulso da Feira de Emprendemento PONT- UP Store que se fai na praza de España, un espazo emblemático da cidade e onde presentan os seus proxectos emprendedores de toda Galiza.
  • Creación dun Observatorio Urbano Socioeconómico co fin de ter información actualizada dos parámetros económicos e de dinamismo da cidade, feito en comparación coas outras cidades de Galiza.
  • Green campus, un proxecto estratéxico do campus da Xunqueira que encaixa no modelo de cidade en canto a sustentabilidade e respecto polo medio ambiente.
  • Colaboración coa Semana Internacional da Creatividade e Innovación.
  •  Promoción das titulacións que hai no campus (xornadas de portas abertas, actividades en espazos públicos…)
  • O Festival de Cine Novos Cinemas.
  • Actividades de voluntariado conxuntas, con especial implicación dos alumnos.
  • Actividades desenvolvidas no Espazo Creactivo da rúa Santa Clara.
  • Colaboración con Esdemga
  • Proxectos concretos con facultades e escolas previamente acordados
  • Servizo de Fisioterapia para categorías inferiores de clubs e instalacións deportivas municipais e especificamente con eventos deportivos
  •  Colaboración do Concello coa Fundación Universidade-Empresa para o proxecto decontrol vía satélite de datos medio ambientais, de prevención incendios e de calidadede augas
  • O Concello colaborará no proceso de humanización progresiva do campus de Pontevedra (reordenar espazos libres e viarios,carril bici…)
  • Colaboración mutua coa posta a disposición de instalacións deportivas do Concello e da UniversidadeE en carteira máis colaboracións:
  •  Futura planta de compostaxe da Canicouva. Análise e investigación sobre a calidade do compost, aportación tecnolóxica para a construción e mantemento da plantea.
  • Colaboración e asesoramento para os proxectos municipais transversais de integración e inclusión para optar aos fondos DUSI da UE
  • Colaboracións necesarias para seguir avanzando na integración urbanística do campus, na promoción das titulacións de Pontevedra cuxos egresados levan o nome da cidade por toda Galiza e polo mundo.
  • Novos estudos económicos o sociais sobre o municipios….

    “Reciprocidade, confianza e complicidade” son os eixos da relación Concello de Pontevedra e Universidade de Vigo.