Chan do monte e Gatomorto, os primeiros campos de herba sintética do rural

92

Os campos de fútbol de terra de Chan do Monte, en Cerponzóns, e de Gatomorto, en Santa María de Xeve, foron os primeiros que visitaron os arquitectos Santos|Mera, xunto co alcalde e os concelleiros Pilar Comesaña, Demetrio Gómez e Anxos Riveiro e os membros dos respectivos consellos parroquiais para ver as necesidades que presenta cada infraestrutura co obxectivo de transformala nos primeiros campos de herba sintética que o Concello hai de construír no rural.

A primeira visita foi en Cerponzóns onde percorreron todo o terreo de xogo, os vestiarios e os accesos ao campo para ver cal é a situación de cada instalación e ver como se poden mellorar, seguindo criterios de carácter arquitectónico que permitirá mellorar considerablemente o aproveitamento e a eficiencia destes recursos deportivos.

Logo destas visitas, os arquitectos elaborarán sendos anteproxectos de mellora tanto dos campos como das súas contornas, para poder sacalos a contratación canto antes.