As contas de 2015 revelan un Concello saneado e cumplidor

28

O Concello de Pontevedra acaba de pechar a liquidación do orzamento do ano 2015 no que se conclúe que dispón de Tesourería suficiente para facer fronte ás débedas e obrigas sen problemas de ningún tipo, xa que dispón de 19 millóns de fondos líquidos. Tamén amosa que se paga puntualmente aos proveedores e que a débeda municipal está entre as máis baixas de todas as capitais de provincia e das cidades galegas cun 27,6%, é dicir, 18.083.000 euros.

No documento da liquidación municipal recóllese que o Concello aprobou un orzamento de 66,5 millóns de euros, e rematou con 78,640.000 euros debido ás incorporacións de crédito que se teñen feito ao longo do ano. A execución do orzamento foi de 92,5%

A liquidación tamén recolle que o Concello ten un remanente líquido de tesourería superior aos 10 millóns de euros, e que tivo un superávit de 3.124.000 euros, entre outros motivos porque houbo máis ingresos que gastos.

O Concello non está en inestabilidade e cumpre a regla de gasto (por máis de 1.240.000 euros).