O paso definitivo para facer de Barcelos 
o patio de xogos dos nenos

76

Os concelleiros Luís Bará e Carmen Fouces, responsables de Obras Urbanas e Educación, respectivamente, manterán esta tarde  (20.00 colexio de Barcelos) horasunha reunión con veciños e comerciantes da praza de Barcelos para presentarlle a proposta de reordenación de tráfico neste ámbito. A prioridade municipal é velar polos dereitos dos nenos e nenas a empregar este espazo como patio de xogos, e tamén crear un espazo accesíbel e seguro que poidan empregar os peóns con facilidade e seguridade.

A reordenación consistirá na restricción do tráfico na fachada principal do colexio e tamén no lateral da praza que linda co peche do Convento de Santa Clara, agás as entradas aos edificios colindante co colexio e tamén ao servizo sanitario que existe naquel inmueble.

O Concello está a estudar a posibilidade de crear unha zona de estacionamento temporal pensado para os pais e nais do colexio nos momentos de entrada e saída do centro.

Mobilidade a motor e estacionamento

O resto da praza terá dous carrís de circulación podendo acceder dende Perfecto Feijoo cara a parte superior da praza ou ben baixando dende Benito Corbal cara San Antoniño. A parte alta da praza terá un só sentido de circulación en dirección á Rúa do Rouco. Esto implica que ao parking poderase acceder e saír tanto dende a parte alta da praza como da baixa.

Por outro lado, o Concello opta por fixar estacionamentos de servizos en toda a praza (máximo 15 minutos) e manterase todo o estacionamento actual, tanto en liña como en batería. Completarase coa creación de espazos de aparcamento para motos e para persoas con discapacidade.

O propósito do Concello é continuar esta actuación, que terá un custe total de 60.000 euros, con outra no ámbito da rúa Rouco que se pretende reformar integralmente ampliando as beirarrúas e gañando espazo para o colexio nesta rúa.

Ademais, o centro de ensino solicitou ao Concello que complemente esta primeira intervención na praza coa creación dunha zona deportiva, que podería ter canastas, para que xoguen os rapaces. O Concello vé ben esta petición pero está a estudar onde crearía este espazo se ben próximo ao parque infantil ou, incluso, nos espazos que agora se gañarán ao retirar os vehículos, é dicir, na antiga calzada.