V Campionato Internacional de Waterpolo Cidade de Pontevedra

63

O Centro de Tecnificación Deportiva de Galicia (CTDG) acollerá o sábado, 19 de marzo, o V Campionato Internacional de Waterpolo Cidade de Pontevedra. O evento está organizado polo Club Waterpolo Galaico (CWG) -no que xogan un centenar de deportistas- en colaboración co IMD e a Concellería de Deportes.

Tres equipas masculinos, de categoría senior, compiten no certame. Os organizadores, o CWG Pontevedra e dous portugueses: o Paredes, primeiro da liga lusa e o Club Naval (CN) Povense, terceiro. Os dous contan con xogadores internacionais nas súas filas.

A competición servirá a equipa masculino absoluto do CWG Pontevedra de adestramento cara o play-off da Liga galega, o 2 de abril e á participación no Campionato de España de 3a División, do 13 ao 15 de maio.

Cartel Trofeo Wp Ciudad de Pontevedra