Rotary Club dá os 3.000 euros recadados no Concerto de Nadal á Redeaxuda

48

O Rotary Club de Pontevedra entregou os preto de 3.000 euros da recadación do seu concerto solidario de Nadal a Redeaxuda. O diñeiro, entregado a concelleira de Benesatar Social, Carmen Fouces, quedará depositado a modo de fondo co fin de que as organizaciónsi integradas na rede solidaria municipal o usen en función das necesidades que teñan.

Os cartos servirán para atender tres tipos de necesidades: axuda farmacéutica – para costear medicamentos que deixaron de estar na lista da Seguridade Social e que son habituais en enfermos crónicos e en patoloxías comúns-, alimentación especial para personas con alerxias o problemas médicas e material escolar.

O concerto solidario de Nadal, no que participaran 200 alumnos e alumnas do Conservatorio Mayeusis, recadou ademais de cartos até 600 quilogramos de comida que foi entregada no seu momento ao Banco de Alimentos.

Rotary Club é unha organización humanitaria internacional con presenza en 200 países e que a nivel local organiza cada ano, a lo menos, dúas accións solidarias: o concerto de Nadal e a entrega do Premio Servir, nos dous casos a recadación é para iniciativas ou organizacións que traballan a prol da vida das persoas menos favorecidas ou con dificultades engadidas.