Nace unha nova asociación deportiva, Meeting Rías Baixas

52

Nace unha nova asociación deportiva na cidade vencellada ao atletismo co obxectivo declarado de “facerlle máis doada a vida aos atletas. “Seremos mediadores, axudaremos aos deportistas na procura de competicións,  de sponsors, de axudas…” en palabras do seu presidente, Gonzalo Méndez.

A promoción do atletismo, en todas as súas modalidades, entre rapaces e rapazas de 14 a 16 anos, será outro dos eixos de traballo da nova asociación que quere profundar na diferenza entre a actividade física e a práctica deportiva.

A presentación oficial da nova Asociación Meeting Rías Baixas será mañá, 24 de marzo, ás 20 horas no Hotel Rías Baixas, cun encontro-coloquio no que estarán presentes 72 títulos nacionais absolutos de atletismo. Tomarán a palabra Isidoro Hornillos, presidente da Federación Española de Atletismo, ademais de Raúl Chapado, Solange Pereira, Jean Marie Okutu e David Gómez

Por outra banda presentarán tamén o que quere ser o seu primeiro gran evento: o Meeting Rías Baixas, que se desenvolverá o 28 de xullo na cidade e no que xa confirmou a súa asistencia a olímpica Ruth Beitia, quen poucos días despois viaxará a Río.