“Novo” campo de fútbol Xunqueira I na próxima tempada

85

Ten practicamente esgotada a súa vida útil. É a diagnose de campo  de fútbol 11 A Xunqueira I,  o primeiro de herba sintética con que contou a cidade e o que leva ao Concello a sacar a contratación o proxecto de renovación da superficie de xogo.

O campo municipal de herba sintética A Xunqueira I é do ano 1999 e foi obxecto dunha primeira renovación no 2005. Agora precisa dunha nova substitución da superficie de xogo por outra de nova xeración co fin de contar con boas prestacións deportivas, con garantías de calidade e sobre todo de seguridade para os deportistas.

A obra saíu a contratación cun presuposto de 363.233,01 euros, IVE incluído. Terían un prazo de execución de dous meses e un período de garantía dun ano. A previsión é que o campo renovado poda estar en uso na próxima tempada.

As deficiencias detectadas e as directrices sinaladas pola Oficina Técnica de Medio Ambiente, Infraestruturas, Enxeñería e Servizos (OTMAIES) guiarán a reforma do campo deportivo. Unha instalación que ten unha frecuencia de uso alta -máis de 60 horas semanais- e con un uso deportivo de nivel amateur en categoría sénior e nivel Nacional en categorías base polo que precisa dun pavimento que supere os parámetros de durabilidade máis esixentes e que ademais teña unha resposta deportiva das máis altas prestacións: cumprimento da norma UNE-EN 15330-1:2014 e homologación tanto do sistema a instalar como da obra executada con nivel FIFA Quality.

O campo A Xunqueira 1 ten unha superficie de céspede de 111x 69 metros, incluíndo as marxes das bandas e dos fondos. O actual terreo de xogo está constituído por unha soleira de aglomerado e sobre ela unha alfombra de céspede artificial fibrilado de 60 mm. Atópase ao límite da súa vida útil: a fibra do céspede ten un forte desgaste, algunhas zona do campo teñen parches, as xuntas de unión de algúns panos da moqueta de céspede está en mal estado… En resumo o terreo de xogo non cumpre cos requirimentos esperables para estas superficies (elasticidade, fricción, absorción de impactos, bote e rodamento do balón, resistencia ao movemento,…)

OBRA A EXECUTAR

  • Retirada a capa de céspede artificial comprobarase o estado da superficie e procederase á regularización e posterior compactación para reparar as zonas danadas e eliminar posibles irregularidades nas pendentes.
  • Construirase unha beirarrúa perimetral ao campo de fútbol.
  • Executarase unha nova quenlla de formigón polímero dotada de reixa superior e instalaranse novas arquetas areeiros de formigón polímero con reixa desmontable e cesta filtro co fin de mellorar a drenaxe do campo e os labores de mantemento.
  • Instalarase unha base elástica prefabricada de tres capas coas características especificadas pola OTMAIES.
  • Instalación dun céspede artificial de última xeración testado en laboratorio consonte as criterios FIFA Quilite. Incluirase nesta actuación a marcaxe do campo de fútbol 11 e de dous campos de fútbol 8 cumprindo coa regulamentación R.F.E.F.
  • O campo será obxecto de homologación, con cargo ao contratista, pola FI co nivel FI FA Quality.
  • Instalarase unha nova varanda perimetral.
  • Substituiránse as porterías de fútbol 11 e colocaránse catro novos bandeiriñas de córner.