O Concello solicita á Xunta 2 millóns para financiar os Servizos Sociais

31

O Concello de Pontevedra, a través da Concellaría de Benestar Social Municipal, acaba de solicitar á Xunta de Galicia 1.983.000 euros para financiar o custe dos Servizos Sociais no concello, unha competencia da Administración autonómica que está derivada nos concellos, pero que a Xunta ten obriga de financiar ao 70%.

Esta peticion foi aprobada esta mañá pola Xunta de Goberno Local, que tamén aprobou á prórroga á empresa que está a prestar o Servizo de Axuda no Fogar por un ano máis (o custe do servizo por ano é de 871.000 euros), e iniciar a contratación da vixiancia no servizo de Drogodependencias por 36.000 euros por un período de 4 anos máis dous máis de prórroga -outro dos servizos sen competencia municipal-.

Segundo expuxo esta mañá o portavoz do Goberno, Raimundo González Carballo, a Xunta de Galicia, concedeu ao Concello de Pontevedra 517.000 euros de subvención, cando se solicitara unha contía duns 2 millóns de euros. O case millón de medio de euros a maiores que custa o servizo está sendo financiado polas arcas públicas dos pontevedreses, cando se trata dunha competencia exclusiva da administración autonómica.

A petición deste ano é para a financiación dos custes de persoal; servizo de axuda ao fogar tanto para dependentes como para non dependentes, e outros programas. A Xunta de Galicia, a día de hoxe, achega pouco máis do 25% dos custes do servizo.