Mellorar a estrada Sabarís-Ferreiros (Campañó),o noso obxectivo

35

Comezaron  as obras de mellora e acondicionamento da estrada que vai dende Sabarís até Ferreiros, na parroquia de Campañó. Esta actuación suporá unha inversión de arredor de 241.000 euros.

A concelleira delegada da parroquia, Pilar Comesaña, informara no último consello parroquial de Campañó, reunido neste mes de marzo, sobre o proxecto de acondicionamento que inclúe:

  • O asfaltado da vía
  • A construción de cunetas
  • Desbastar os muros para ensanchar o vial o máis posíbel (actuación tratada cos

    propietarios)

    O Concello ten previsto completar este arranxo cunha nova actuación neste mesmo ano: o acondicionamento da praza de Ferreirós. Neste caso procederase a instalación de medidas de calmado de tráfico -cambio de cor do asfalto para sinalar a obrigada redución de velocidade- , de mobiliario urbano -bancos e papeleiras- para crear un espazo de uso público e a protección do cruceiro.