O Campionato de España de Loita Junior e Escolar reúne a 400 deportistas

50

Preto de 400 deportistas, 51 deles galegos, participan no Campionato de España de Loita Junior (XXVIII edición) e Escolar (XXV) que se desenvolverán na Pavillón de deportes de Pontevedra os días 1 e 2 de abril. O evento está organizado poio Club de Loita Pontevedra, en colaboración coa Federación Galega de Loita e a Concellería de Deportes.

O día 2 de abril competirán atletas das 17 comunidades autónomas, unha proba puntuable cara os campionatos Europeo e do Mundo.

O Campionato de España de Loita volve a Galiza nove anos despois do último evento celebrado en Santiago no 2007. “E unha oportunidade para dar a coñecer un deporte minoritario” subliña a concelleira de Deportes,  Anxos Riveiro quen convida aos pontevedreses e pontevedresas a asistir ao campionato que ten a entrada de balde. Ademais, engade o director técnico da Federación Galega de Loita, Pablo Pintos, o evento terá un percorrido económico importante en Pontevedra e contorna onde se prevé unha ocupación hoteleira do 85% na fin de semana: “hai que ter en conta que son deportistas de 13 a 15 anos, chegados de todas as comunidades e os máis acompañados de familiares”.

O mañá do sábado está reservado a Loita Grecorromana e Loita Feminina. A tarde a Loita libre olímpica. Precisamente na Loita Feminina Pontevedra terá unha destacada actuación xa que o Club de Loita local conta con loitadoras de alto nivel como Lidia Pérez Touriño, campioa de España e integrante do equipo preolímpico nacional.