A Carreira de Monte Porreiro convoca a medio milleiro de atletas

54

O barrio de Monte Porreiro converterase o próximo domingo, 3 de abril, nun concorrido circuíto de carreiras. Celebrarase a Carreira de Monte Porreiro, Premio UNED, para a que xa están inscritos 504 participantes. Preto do 75% deles -374 en números absolutos- están inscritos para as seis probas do Circuíto de Carreiras Pedestres de Pontevedra (CCCP)-2016, do que a de Monte Porreiro é a segunda.

IMD, Sociedade Ximnástica, UNED, Asociación de veciños de Monte Porreiro e Concellería de Deportes colaboran na organización dunha proba deportiva que ademais visibiliza o barrio, un barrio cheo de vida

Os atletas, da categoría absoluta (maiores de 18 anos) terán por diante un percorrido de 8.000 metros. A proba comezará as 12.00 horas.

Con anterioridade, a partir das 11.00 horas, comezarán as carreiras infantís e xuvenís. Arrancarán coa categoría chupetes e rematarán cos xuvenís. Para estas probas a inscrición estará aberta até o mesmo domingo. Poderase facer de 8.30 a 10.45 horas no Centro da UNED.

O CCCP-2016 inclúe ás seguintes probas: San Brais, Monte Porreiro, 5+5 Ponte Noite, Santiaguiño do Burgo, Campañó e 1/2 Maratón.

Carreira MP