4 Picos Desafío Rías Baixas, deporte e natureza da man

65

Natureza e deportes van da man no Pontevedra 4 Picos (bike&trail) Desafío Rías Baixas que se desenvolverá os días 16 e 17 de abril en Pontevedra. Un total de 2.371 persoas participarán nun evento non competitivo e solidario coa Asociación Amencer, un milleiro máis dos anotados na pasada edición.

Arredor de 150 voluntarios ocuparanse de garantir a seguridade da proba que está organizada por Globadxt Pontevedra SL, xunto coa Concellería de Deportes e a asociación deportiva A Roda do Demo e que non podería terse realizado sen a colaboración das 33 comunidades de montes propietarias de grande parte dos terreos polos que pasarán os deportistas. A proba absoluta (4 Picos) ten un percorrido de 132 quilómetros.

A saída e chegada do 4 Picos será na rúa Rafael Areses. Alí estará a zona 0 con expositores e actividades.

Na Pontevedra 4 Picos, realizaranse probas diferenciadas para que todo o mundo poida gozar: Así contamos con:

  •  4 PICOS BIKE: proba de bici de montaña na que se percorren os catro picos que bordean a cidade de Pontevedra (Lago Castiñeiras, A Fracha, O Acibal e A Escusa) cunha distancia de 132 km e un acumulado positivo de 3.000 metros (aproximadamente). Nesta proba poden facela tanto de forma individual como dual. A hora de saía e ás 8:30 horas e o corte final é ás 21:00 horas
  •  2 PICOS BIKE: proba de bici de montaña na que se percorren 2 picos que bordean a cidade de Pontevedra (Lago Castiñeiras e A Fracha) cunha distancia de 67 km e un acumulado positivo de 1.600 m (aprox). Tamén pode facerse en individual ou dual. A hora de saída é ás 9:15 horas e o corte final ás 21:00 horas.
  • TRAIL: Proba de carreira por montaña, na que os participantes percorrerán unha distancia de 33 km subindo e baixando polo monte do Pontillón do Castro ( 3º pico). A dificultade técnica e física e media. A proba sae dende a cidade, polo que nos primeiros km de saída e de chegada os participantes circularan por zonas asfaltadas e camiños de baixa dificultade. Pode facerse de forma individual ou dual. A hora de saída é ás 10:00 horas do domingo 17
  •  CITYTRAIL: Proba de carreira por montaña na que os participantes percorreran unha distancia de 17 km. A dificultade técnica é baixa. A proba comeza dende a cidade, polo que nos primeiros km de saída e de chegada os participantes circularan por zonas asfaltadas e camiños de baixa dificultade. Pode facerse de forma individual ou dual. A hora de saída é ás 10:00 horas.
  •  PROBAS COMBINADAS: deseñadas para aqueles afeccionados que pretendan facer as dúas probas, tanto o trail coma o bike.
  •  E-BIKE: na que participaran por vez primeira nunha proba destas características, bicicletas eléctricas, facendo que realmente a proba sexa para todo o mundo.