Chega a Feira do Libro de Pontevedra

74

Pontevedra inaugura mañá 5 de abril, ás 19 horas, a Feira do Libro e con ela o calendario de certames adicados ás novidades literarias de Galiza, que este ano terá catorce citas. Estará aberta dende o 5 ao 10 de abril na Ferrería. O escritor Alberto Fortes será o pregoeiro nun acto non que non ha de faltar a música, que estará a cargo do grupo Os Alegres. Após Alberto Fortes asinará exemplares do seu libro O dobrón de a oito, editado por Xerais.

Oito librarías participan na Feira do Libro de Pontevedra: Paz, Seijas, Cronopios, Cartabón, Pedreira, D-Lectum, Clip e Nobel Pontevedra. Tamén participan no certame a Deputación Provincial, a Secretaría de Cultura da Xunta e a Biblioteca Pública Antonio Odriozola.

A Concellería de Cultura en colaboración coa Federación de Libreiros de Galicia promove a Feira do Libro Novo na que os nenos e nenas terán un protagonismo especial xa que apostar por eles como lectores e apostar polo futuro dos libros e das librarías. Literatura infantil, xogos e contacontos serán os reclamos.

A presentación de libros, sinaturas de exemplares e actividades infantís e xuvenís arrouparán a Feira do Libro, un evento que amosa o interese de Pontevedra polo mundo da lectura e da cultura en xeral. Un interese que ten convertido dúas das súas citas nun referente galego: o Salón do Libro Infantil, que se está a celebrar, e Culturgal, a feira das industrias culturais de Galiza.

Programa