Colleita de achegas para completar a reforma da praza de Barcelos

67

Na reforma da praza de Barcelos queda camiño por andar. Para avanzar na construción do ampliado espazo de lecer chamado a ser tamén un gran patio de recreo reuniuse hoxe a comunidade educativa (ANPA, docentes e alumnado) do CEIP Barcelos cos concelleiros de Mobilidade e Educación, Luís Bará e Carmen Fouces.

Equipamentos deportivos -cales e onde-, novos xogos, reordenación do espazo peonil, o futuro mobiliario e até unha intervención artística participada polos nenos e nenas do CEIP Barcelos que deixe pegada do protagonismo -foron promotores- da reforma da prazas son cuestións que están enriba da mesa.

Porén os concelleiros Fouces e Bará convocaron a xuntanza co obxectivo de recoller suxestións dos membros da comunidade escolar do CEIP de Barcelos, beneficiaria directa da reforma da praza e da peanolización de dúas vías perimetrais (diante do colexio e diante do convento de Santa Clara) e da reordenación do tráfico da contorna. A colleita foi abundante.

Os nenos e nenas centraron as súas suxestións na instalación de novos e novidosos bambáns; retirada do enreixado e, substituír a zona de area e incorporar este espazo ao parque infantil, plantar máis flores e limpar ou poñer unha nova fonte e tamén marcar pistas para xogar ao fútbol e baloncesto e para xogos tradicionais (trompos)

s nais e pais achegaron unha ducia de propostas para mellorar o espazo e a oferta lúdica: mesas de ping pong, eliminación dos parterres para gañar espazo na praza; poñer zonas de sombra no parque infantil con, por exemplo, pérgolas con enredadeiras; aumentar o tempo de estacionamento de servizos de 15 a 30 minutos, acoutar unha zona para cans; un aparcadoiro para bicis, poñer lombos nos pasos de peóns da praza, decorar o chan diante do colexio con xogos tradicionais (peletre, circuítos para chapas…), cambiar as prazas reservadas para motos xa que hainas nas rúas Rouco e Cobián Roffignac e que quede reflectido dalgunha maneira que os rapaces do colexio participaron na reforma.

A xunta dos concelleiros Luís Bará e Carmen Fouces cos representantes da comunidade educativa de Barcelos permitiu facer unha avaliación sobre os primeiros días do novo escenario deseñado na praza, un escenario que está chamado a ser tamén un gran patio de xogos escolar.

Suxestións nenosSuxestións nenos 2