Apúntate a unha nova edición do concurso de maios!

128

O Concello de Pontevedra convoca a todos os nenos e nenas, mozos e mozas, asociacións culturais, veciñais e xuvenís a participaren no concurso de Maios que se vai a celebrar o día 1 de maio ás 11:00 horas na Praza da Ferraría, de conformidade coas seguintes:

BASES

    1. Poderán participar todos os grupos, asociacións, centros educativos, etc., que estean inscritos na Casa do Concello de Pontevedra antes das 13:00 horas do día 28 de abril de 2016.
    2. No intre da inscrición deberán presentar 10 copias dos cantares xunto cunha solicitude na que conste, a lo menos, o nome, DNI e enderezo do solicitante.
    3. Os maios concursantes terán dereito á tradicional rosca e a unha gratificación de 150 €, agás que o xurado o descualifique por non cumprir as presentes bases.
    4. O xurado estará integrado por un representante de cada un dos grupos políticos con representación municipal, e un máximo de catro persoas de recoñecida traxectoria no coñecemento e valoración da Festa dos Maios de Pontevedra.
    5. Os maios participantes deberán presentarse ao xurado na Praza da Ferraría ás 11:00 da mañá. O concurso dará comezo ás 11:30 horas coa “Benvida ao maio”. As actuacións realizadas polos maios na Ferraría antes do comezo poderán ser valoradas polo xurado nas súas puntuacións.
    6. O xurado emitirá o seu veredicto a través da suma das puntuacións dos seus membros, obtidas polos maios en cada modalidade. O xurado seguirá, para as súas puntuacións, os seguintes criterios:
      1. O maio será tradicional de Pontevedra, de forma cónica, de entre 1,5 e 2 metros de altura aproximadamente, adornado con produtos tradicionais (fiúncho, pampillos, margaridas, laranxas e ovos). Tamén se aceptarán, por ser tamén de tradición local, cartuchos (calas, camelias, rosas silvestres e bandeiriñas de papel. Calquera outro elemento de adorno será penalizado.
      2. Os materiais que compoñen a estrutura non serán visíbeis a non ser os pés de maio e as andas, que serán de madeira.
        1. Serán valorados elementos de tipo técnico (como a uniformidade do manto de fiúncho, a elaboración uniforme das coroas de pampillos, margaridas e laranxas, etc.) e artísticos (a distribución dos adornos no maio, a composición de formas e cores, etc.).
        2. A coroa, no caso de presentarse, non deixará ver os materiais da estrutura. Poderá presentarse como remate do maio, ou mellor (por ser tradición en Pontevedra) en estrutura á parte enriba dun pé de madeira.
        3. Valorarase a composición de formas e cores, así como o motivo que represente.
      3. Nas cantigas valorarase a retranca, a composición, o ritmo e a linguaxe utilizados. Penalizarase o uso de palabras malsoantes e o uso de coplas copiadas de anos anteriores.
      4. Na interpretación valorarase o emprego do canto tradicional do maio de Pontevedra, así como a entoación, ritmo e voz dos actuantes. Tamén se valorará o uso dos materiais de acompañamento (paos de man ou estadullos).
      5. Quedarán á interpretación do xurado todos aqueles aspectos non contidos nos presentes criterios.
    7. O ditame do xurado será inapelábel.
    8. As letras dos maios premiados poderán ser publicadas polo Concello de Pontevedra, citando a procedencia e sen que os seus autores teñan dereito a percibir ningunha cantidade.
    9. A orde de actuación dos maios será elexía por sorteo, antes do comezo das interpretación.
    10. Trala entrega dos premios, o maio gañador realizará no palco unha nova actuación.
    11. Os premios serán os seguintes:
    • Premio especial do xurado: 400,00 €
    • Premio especial para Maios (figura)