Campionato provincial de Taekwondo, 19 clubs e 667 deportistas

24

Dezanove clubs, 667 deportistas con idades que van dende os 6 aos 16 anos, tres modalidades (técnica, exhibición e freestyle) e unha cita: o 10 de abril no Pavillón Municipal. Falamos do Campionato provincial escolar de Taekwondo que reunirá en Pontevedra o presente e o futuro deste deporte.

Na organización do evento colaboran o club Mace Sport, a Federación Galega de Taekwondo, o IMD e Concellería de Deportes, Deputación e Deporte Escolar da Xunta. Un evento que conxuga deporte e promoción de Pontevedra.

O Campionato provincial de Taekwondo desenvolverase durante toda a xornada do sábado. Pola mañá competirán na modalidade de Técnica e pola tarde será a quenda de Exhibición e Freestyle. A oportunidade de gozar do espectáculo está ao alcance de todos: a entrada ao Pavillón municipal é de balde.