Desafectar a Xunqueira de Ponte Sampaio e manter o uso público

49

O Concello de Pontevedra solicita a Costas do Estado a desafectación de toda a Xunqueira de Ponte Sampaio -está só desafectada a parcela do colexio- ao que engade o compromiso explícito de darlle un exclusivo uso público a un espazo que está en dominio marítimo-terrestre. Trátase dos terreos que están ocupados polo vello campo de fútbol de Ponte Sampaio, o campo da festa da parroquia, unha zona axardinada, a nave do club de piragüismo, que acolle tamén outros usos náuticos e a parcela do mercado.

O portavoz do Goberno Local, Raimundo González, explicaba á saída da xunta de goberno que estamos a falar de arredor de 20.000 metros cadrados. Un espazo do que se quere aclarar a súa situación xurídico-rexistral dun xeito definitivo.

O Concello ten previsto construír un novo campo de fútbol, de herba sintética en Ponte Sampaio pero antes ten que ter clarificada a titularidade e uso do terreo. Todos os pasos que se están a dar son informados tanto ao club de fútbol Ponte Sampaio como á veciñanza, os principais beneficiarios