Os cemiterios de San Amaro e Ponte Sampaio ofertan 325 nichos

67

Ábrese o proceso, coa exposición pública, para a concesión dos nichos baleiros dos cemiterios municipais. Son un total de 325, informa o portavoz do Goberno Local Raimundo González Carballo. Deles 241 están no cemiterio de San Amaro e os outros 84 no de Ponte Sampaio.

A tramitación perceptiva levará o inicio do prazo de presentación de solicitudes ao 1 de xuño e nesta ocasión estenderase durante catro meses, dous mais do que viña sendo o prazo habitual. E dicir os interesados en facerse coa concesión dalgún nicho terán até outubro para formalizar a petición.

Cada solicitante poderá pedir a concesión dun mínimo  dun nicho e un máximo de catro.