Pisando Forte, a prol da empregabilidade da mocidade

39

A Concellería de Xuventude presenta unha nova edición do programa Pisando Forte, unha iniciativa dirixida a mozos e mozas de entre 16 e 35 anos que ten como obxectivo mellorar as condicións de acceso ao emprego da mocidade de Pontevedra a través de formación.

En total ofertaranse  279 prazas -fronte as 363 do pasado ano- as que hai que engadir a asistencia á programada xornada da Escola de Igualdade que se desenvolverá no mes de novembro e que terá un aforo de 300 persoas. Precisamente a Escola Municipal de Igualdade para a Mocidade é unha das novidades da programación de Pisando Forte 2016.

CRITERIOS DE ACCESO

  • Ter entre 16 e 35 anos
  • Estár no padrón do Concello de Pontevedra (agás centros de menores)
  • Cumprir o requisito básico especificado para cada acción formativa
  • Haberá reserva de prazas por discapacidade. Un mínimo de tres prazas en cada caso para persoas cunha discapacidade recoñecida dun 33% en adiante.
  • Confeccionarase unha listaxe de agarda por cada acción formativa con aspirantes que non cumpran os requisitos iniciais por se sobran prazas en función dos seguintes criterios: pontevedreses doutras idades que cumpran o resto das esixencias; e persoas de idades comprendidas entre os 16 e 35 anos dos concellos veciños que curmpran as demais esixencias

    PROCESO DE PREINSCRICIÓN E INSCRICIÓN
    Cada curso terá un período de preinscrición (on-line ou presencial) que se pechará uns días antes do seu inicio. Confeccionarase a listaxe de persoas seleccionadas tendo en conta os criterios de acceso, e procederase á formalización da inscrición. Consultar datas de preinscrición de cada curso.

    
CARACTERÍSTICAS DA FORMACIÓN DE PISANDO FORTE

    Formación impartida en lingua galega. Proba final de avaliación e control de asistencia

    ACREDITACIÓN
    De superaren a avaliación, emitirase DIPLOMA ACREDITATIVO polo aproveitamento da formación recibida.

    PREINSCRICIÓN
    Datas: 20 de abril, 20 de maio e 12 de setembro
    En www.xuventude.pontevedra.eu
    Se non tes acceso a Internet ou tes dúbidas, podes facer a preinscrición de forma presencial na Oficina de Xuventude nas datas especificadas e en horario de 9h a 14h. Casa Azul – r/ Sor Lucía, 2, 3o, tel. 986 840367 xuventude@pontevedra.eu

    programa pisandoforte16. pdf